Homesociedade11 participantes no quinto campo de voluntariado do Castro de San Lourenzo

11 participantes no quinto campo de voluntariado do Castro de San Lourenzo

Comeza o campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo na parroquia de Cereixa, A Pobra do Brollón. Ata o 12 de agosto, 11 voluntarios procedentes de diferentes puntos de España e México apoiarán os labores arqueolóxicos e comunitarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo de voluntarios recibirán formación nos diferentes aspectos da actividade arqueolóxica e apoiarán a oitava campaña de escavacións que se desenvolve no castro, dirixida por Xurxo Ayán. Os participantes tamén colaborarán na organización da Romaría de San Lourenzo, que se celebra o día 10 de agosto no propio xacemento.

Ademais das tarefas no Castro de San Lourenzo, os voluntarios dedicarán parte do seu tempo na Pobra do Brollón a coñecer outros xacementos e elementos patrimoniais de Cereixa e do municipio.

Campo de traballo Castro de San Lourenzo / concello A Pobra do Brollón

“É un pracer volver acoller os voluntarios e voluntarias do campo na Pobra do Brollón,” comenta o tenente de alcalde, Ricardo Rodicio. “O campo de voluntariado é un xeito de apoiar e dar a coñecer todo o traballo de arqueoloxía en comunidade que se está a facer dende hai anos no municipio, do que o Proxecto San Lourenzo é punta de lanza e referente”.

Trátase do quinto campo de voluntariadoque ten lugar no castro, financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón. O campo prodúcese no marco do Proxecto San Lourenzo de arqueoloxía en comunidade.

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...