HomeCulturaUltreia e Suseia conmemora con Camiñografías, 30 anos do Camiño de Santiago

Ultreia e Suseia conmemora con Camiñografías, 30 anos do Camiño de Santiago

O ex conselleiro e impulsor do Camiño Víctor, Manuel Vázquez Portomeñe, charlará o día 13 con Luís Celeiro, vicepresidente da Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago, José María Díaz e Silvia Mondelo sobre a importancia do Roteiro Xacobeo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto está encadrado dentro de Camiñografías, a xornada de peche de Ultreia et Suseia, o festival multidisciplinar que se celebra en Sarria desde o pasado 22 de xullo e ata o 13 de agosto

Nesta xornada celébrase Camiñografías, o día comezará ás 11:30 na Casa do Concello co encontro “30 anos no Camiño”, onde se fará restrospectiva da importancia do Camiño de Santiago. No coloquio participarán o ex conselleiro e impulsor do Camiño de Santiago, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe; Luís Celeiro, vicepresidente da Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago; José Maria Díaz, xerente de Peregrinoteca e Silvia Mondelo, encargada do departamento do Camiño en bicicleta de Tee Travel.

A xornada continuará cun paseo teatralizado pola localidade. Este espectáculo será conducido por César Non, Ernesto Is, Nerea Brey, Javier G. Lojo e Mr. Brandán & CO. Será unha experiencia inmersiva onde se poderán descubrir as realidades históricas de Sarria. Ademais, este fin de festa de Ultreia et Suseia incluirá a actuación en directo do vigueses Caldo, unha formación que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Camiñografías pechará coa música de Jorginho DJ e JLG e cun xantar popular. O menú custa 8 euros e pódese reservar en Estanco Gallego e en Cafetería Casino. Tamén existe unha opción vexetariana.

Jorginho DJ

Ademais, o xoves ás 21:15 na Sociedade da Unión proxectarase de maneira gratuíta Dorothé na Vila, un documental sobre a figura da musicóloga suíza Dorothé Schubarth, que chegou a Galicia a finais dos 70 en procura das cancións tradicionais desaparecidas. Desta investigación saíron 300 horas de gravacións que forman o denominado “Cancioneiro Popular Galego”. O venres ás 20:00 no parque do Chanto terminará a programación de narración oral con Na punta da lingua, o espectáculo de Ana Carreira, que promete darlle un xiro inesperado cheo de retranca aos contos populares. A continuación, no Auditorio Meigas e Trasgos, Carlos Blanco ofrecerá un espectáculo de monólogos. As entradas para este evento xa están á venda a través de Ataquilla e no Meigallo.

Ultreia et Suseia é un evento organizado pola produtora Etiqueta Negra e apoiado polo Concello de Sarria. Nace da unión do ciclo de monólogos Sarria Sorrí, que nas súas dúas edicións trouxo a grandes estrelas da comedia á comarca de Sarria e o festival de contos e de narración oral Narra Sarria.

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...