HomesociedadePunto Violeta nas Patronais de Monforte que este venres teñen a La...

Punto Violeta nas Patronais de Monforte que este venres teñen a La Oreja de Van Gogh

O Concello de Monforte conta cun Punto Violeta na cidade que ten por obxectivo previr e atender a posibles vítimas de agresión sexistas durante o período de celebración das Festas Patronais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Caravana Morada de atención e concienciación contra as agresións sexistas, estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero. Sitúase no entorno do Parque de los Condes ao carón da Pérgola e do BBVA e permanecerá ata o 16 de agosto, durante a celebración das Festas. A caravana foi visitada este venres pola Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

O horario da Caravana Morada será, de maneira ininterrompida, de 23:00 a 5:00 horas da madrugada.

A caravana morada informa, asesora e visibiliza o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero a través de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade ofrecen este servizo itinerante que nace en para chegar a todos os concellos , mulleres e público en xeral.

Este punto morado ten un dobre compoñente: por unha banda, concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero ó público en xeral e por outro, a caravana morada presta o servizo de atención directa a mulleres dentro das festas en coordinación coas forzas de seguridade atendendo ás mulleres que así o demanden.

Os compoñentes da caravana morada está formado por dúas técnicas, unha psicóloga especializado en xénero e criminoloxía e unha traballadora social axente de igualdade. Ambas asisten e asesoran na caravana morada ás mulleres que así o necesiten e informan sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal, autonómico e nacional. Estas actuacións están coordinadas polo Concello de Monforte e financiadas con cargo ós Fondos da Secretaria Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Próximos concertos

Dentro da programación das Festas Patronais, este venres ás 22.30 hai concerto na Praza de España da Banda de Música de Vilalba e ás 00.00 comezará o concerto de La Oreja de Van Gogh na Compañía onde se contará tamén coa orquestra, Los Satélites.

As actuacións do sábado correrán por conta de Vera Lynn e na Compañía Edurne, Gin Toni´ s e Malenne. O domingo estará na Praza de España a Banda de Música de Antas de Ulla e na Compañía, Rosario Flores e Los Player´ s.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...