HomeCulturaO cultivo da vide na Galiza e a Rosca de Sober

O cultivo da vide na Galiza e a Rosca de Sober

A Libraría da Proencia presenta a reedición traducida ao galego da obra de 1843, Observaciones sobre el cultivo de la vid en Galicia de Antonio Casares, Catedrático de Química e de Historia Natural. A publicación podíase adquirir durante a celebración da Feira da Rosca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta edición en galego é tradución de Xesús Verao Pérez, profesor xubilado de Lingua Galega e viticultor, e conta cunha introdución de Mª Luisa Losada Sanmartín, historiadora da ciencia, colaboradora do Grupo de Física No Lineal da USC.

Inclúese no libro o discurso que Antonio Casares dá no Congreso Agrícola y de Pesca en 1886, publicado en 1887 na Revista de la Sociedad Económica de los Amigos del País de Santiago.

O libro foi promovido por un grupo do Colado do Vento, motivado pola “veciñanza das súas orixes familiares, mais tamén e sobre todo a enorme contribución que fixo á ciencia nos máis diversos campos do saber e a experimentación. Nomeadamente, no relativo á viticultura, o presente libro é a primeira catalogación de vides da nosa comunidade, feita con criterios ampelográficos, chamando a atención o rigor das súas análises económicas e técnicas e a honestidade da explicación dos resultados”.

Ademais da contribición imprescindible de Xesús Verao e de María Luisa Losada, este libro non vería a luz sen a organización e promoción de Alfonso Campos, a edición ao coidado de José María Lago e as ilustracións e apoio de Javier Vivirido.

Inclúe na cuberta e contra unha fotografía dun retablo do século XVIII da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober) no que se representa a uva Albarello (oficialmente Brancellao), “a máis abundante na Galiza” na época que escribe Antonio Casares.

A obra presentarase próximamente en Sober e Monforte, podéndose adquirir na páxina web www.proencialibros.com e nos postos da Libraría da Proencia, este venres vendeuse na Feira da Rosca de Sober que nesta xornada repartiu máis de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo.

ÚLTIMAS

O cartel “O Curso do Viño” anunciará a XLIII Feira do Viño de Quiroga

A pesar de non residir en Quiroga, a autora si visita habitualmente Os Anguieiros -...

O PP de Monforte denuncia que seguen os cortes de abastecemento por roturas na rede

A voceira popular, Katy Varela, explica que hai uns días que se realizaron as...

Este 15 de marzo preséntase no Casino de Chantada “O segredo do trasno”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza este sábado, 15 de marzo, a presentación...

Falece un operario nun accidente no municipio de Chantada

Un operario faleceu este venres e outro resultou ferido nun accidente no municipio lucense...