HomesociedadeO CCU trae a Monforte unha espectacular gymkhana de 70 metros

O CCU trae a Monforte unha espectacular gymkhana de 70 metros

Esta nova atracción chega á cidade do Cabe xunto cun ‘jumping acrobático” composto por 4 camas elásticas. Estarán na Praza da Compañía do 24 ao 28 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os amantes das emocións fortes teñen unha ocasión de probar unha nova atracción en Monforte grazas ao Centro Comercial Urbano (CCU). Será a primeira vez que se desenvolvan dúas actividades que farán gozar aos máis pequenos pero tamén aos non tan pequenos da casa. Trátase dunha Gymkhana de 70 metros de lonxitude cun circuíto inchable que inclúe diferentes atrancos e unha ‘Jumping acrobática’ composta por 4 camas elásticas con arneses de seguridade.

As dúas actividades que propón e organiza a asociación de comerciantes de Monforte serán na Praza da Compañía, entre o 24 e o 28 de agosto, están  cofinanciadas pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración do Concello de Monforte.

GYMKHANA DO CCU E JUMPING ACROBÁTICO

A gymkhana ten 70 metros de inchables e 7 obstáculos diferentes: tobogán caída libre, habilidade, reptar, dificultade, escalada con tobogán, whipeout e mini rocódromo. Esta aventura recoméndase para persoas con idades comprendidas entre 5 e 99 anos.
O Jumping Acrobático está composto por 4 camas elásticas de 3 metros de diámetro con gomas e arneses de seguridade. Idades aptas: de 5 a 40 anos.

COMO CONSEGUIR UNHA ENTRADA?

Sendo actividades organizadas polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes e dinamizar o comercio local, as entradas só se poden acadar facendo unha compra mínima de 10 euros nalgún dos 155 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte. Cada entrada dá acceso de balde a unha actividade, a escoller entre a GymKhana ou o Jumping Acrobático.

Dende a organización recomendan tamén seguir as redes sociais do CCU de Monforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible conseguir entradas polo feito de ser seguidor e interactuar.

HORARIOS

Tanto a Gymkhana como o Jumping Acrobático, estarán abertos ao público no seguinte horario:

-Mañás: de 11:00 h. a 14:00 h.

-Tardes/Noites: de 18:00 h. a 23:00 h.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...