HomesociedadeRibeira Sacra afronta a primeira fin de semana oficial da vendima con...

Ribeira Sacra afronta a primeira fin de semana oficial da vendima con 800.000 quilos de uva vendimados

O pasado 25 de setembro foi a data recomendada polo CRDORS para iniciar oficialmante a vendima na Denominación. A data 27 de setembro xa se levaban recollidos 801.000 quilos, pouco máis da metade de Mencía, 490.000 quilos.

Publicado o

- Advertisement -

 Os datos oficiais de recollida de uva a data 27 de setembro son:

Variedades tintas:

  • Mencía:  490.256 kgs
  • Brancellao:  1.786 kgs
  • Merenzao:  16.405 kgs
  • Caiño:  5.998 kgs
  • Garnacha:  14.029 kgs
  • Mouratón:  300 kgs
  • Sousón: 200 kgs
  • Tempranillo:  11.130 kgs


Variedades blancas:

  • Albariño:  65.298 kgs
  • Dona Branca:  2.660 kgs
  • Godello:  170.630 kgs
  • Loureira:  1.802 kgs
  • Torrontés:  2.283 kgs
  • Treixadura:  18.361 kgs

Cun total de 801.138 quilos de uva recollidos ata o momento, 5 adegas xa remataron a campaña. Vendiman ao amparo da Denominación 95 adegas e nesta fin de semana 58 delas estarán cos traballos de recolida.

3,7 millóns de euros para axudas á transformación e comercialización de produtos vitivinícolas.

Estas liñas de axudas financiadas polo Feaga, Fondo Europeo Agrícola de Garantía, a través do Programa de apoio ao sector vitícola español teñen por obxecto favorecer o incremento da dimensión empresarial e a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.

O orzamento inicial era de 2,5 millóns de euros, pero Medio Rural ven de ampliar a partida a 3,7 millóns de euros coa intención, din, de apobar todas as solicitudes que cumpran cos baremos establecidos.

Con estas axudas apoiase ao sector produtivo para a adquisición e mellora de bens inmobles, de maquinaria e equipamentos novos, sufrágase a adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, a compra de patentes ou licenzas, e os honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...