HomeCulturaXXIII Feira do Libro de Monforte, do 24 ao 27 de agosto

XXIII Feira do Libro de Monforte, do 24 ao 27 de agosto

A XXIII Feira do Libro de Monforte estará ubicada na rúa Cardenal e abrirá o vindeiro mércores 24 de agosto, pola tarde e poderá visitarse ata o sábado 27. As casetas estarán abertas de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros, actividades infantís e sinaturas das obras por parte dos seus autores. Marina Doutón, concelleira de cultura, salientou que “dende o Equipo de Goberno colaboramos con esta festa da literatura porque consideramos que con ela conseguimos achegarlle ós cidadáns unha parte fundamental da nosa cultura e polo tanto, contribuímos á súa divulgación. Ó mesmo tempo, coa Feira do Libro ofrecemos o noso apoio a un sector tan importante como é o editorial.”

O representante da Federación Librarías de Galicia, Carlos Blanco, agradeceu a implicación do Concello neste certame, do que destacou que “xa se alcanzaran as 23 edicións”. Tamén detallou a participación de 3 librarías, unha de Monforte, outra de Sober e outra de Ferrol, así como o stand da Deputación de Lugo. O programa de actividades da feira inclúe 2 actuacións musicais, actividades a cargo de 36 autores e autoras, 8 presentacións para público adulto e 5 para público infantil, e 19 sinaturas de libros.

Programa de actividades

A feira inaugúrase o mércores 24 ás 19 horas co pregón a cargo da poetisa de Sober, Moncha Prieto, e a actuación da Banda de Gaitas de Monforte. Ese mesmo día Moncha Prieto asinará Alma del barro na caseta da Libraría Agrasar, a partir das 20 h. Tamén a esa mesma hora terá lugar a presentación de Neve de agosto, de Nieves Neira, por Chan de Pólvora.

Ás 20:30 h Antón Lopo presentará Extraordinario, por Chan de Pólvora, e ás 21 h. terá lugar a presentación-recital de Simún, de Nuria Vil, por Chan de Pólvora.

Xoves 25 de agosto:

  • 12:00 h.- Xosé Luis Vazquez Somoza asina O Conserxe na caseta da Libraría Agrasar
  • 12:00 h.- Contacontos de Leopoldo, o pequeno monstro, de Estefanía Padullés por Hércules Ediciones
  • 13:00 h.- Estefanía Padullés asina Que mal día, gato Klops! na caseta da Libraría Agrasar
  • 18:00 h.- Rober Cagiao asina Saga El guardián de las flores na caseta da Libraría Cortizas
  • 18:00 h.- Moncha Prieto asina Alma de barro na caseta da Libraría da Proencia
  • 19:00 h.- Contacontos de Peúgo, o calcetín melenudo, de Jessica Rodríguez Piñeiro por Babidi-bu Editorial
  • 19:30 h.- Olga Novo asina Cráter na caseta da Libraría Agrasar
  • 20:00 h.- Presentación de A vangarda das formas. A obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, de Fernando Arribas Arias e Teresa Pena Moreda coeditada pola Deputación Provincial de Lugo.

Venres 26 de agosto:

Durante todo o día.- Finy Sesmonde asina Fluyendo como el agua na caseta da Libraría Cortizas

  • 11:30 h.- Alberto Fernández Boo asina Hatshepsut, faraón. A transgresión dunha muller empoderada na caseta de Libraría Agrasar
  • 12:30 h.- Raquel Martínez Salgado asina Metodologías Activas: Propuestas a través de un enfoque lúdico na caseta da Libraría Agrasar
  • 12:30 h.- Contacontos infantil Un universo na túa maleta por Ana Meilán García
  • 18:00 h.- Ramón Sandoval asina Nas esquinas do frío na caseta da Libraría da Proencia
  • 19:00 h.- Programación Cultural Primavera-Verán-Música Infantil. Vicepresidencia- Área de Cultura da Deputación de Lugo. Actuación de Paco Nogueiras co espectáculo BuleBule por Kalandraka Editora.
  • 19:30 h.- Abraham Pérez asina O corpo transparente das horas na caseta da Libraría Agrasar
  • 20:30 h.- Pilar Macía asina Lobo na caseta da libraría Agrasar
  • 20:30 h.- Presentación de 7 herbas máxicas, de Rosalía Bermúdez e Nanda Cabaleiro por Hércules Ediciones
  • 21:30 h. –Rosalía Bermúdez e Nanda Cabaleiro asinan 7 herbas máxicas na caseta da Librería  Agrasar

Sábado 27 de agosto:

  • 12:00 h.- Alba López Paredes asina Saga Nándidor: La leyenda de Noa na caseta da libraría Cortizas durante todo o día
  • 12:00 h.- Alberto Canal asina Carolina na caseta da Libraría Agrasar
  • 12.30 h.- Actuación infantil Fazulas, o ladrón de paraugas por Bandullo Azul
  • 13:00 h.- Eduardo Baamonde asina Ribeira Sacra en acuarelas na caseta da libraría Agrasar
  • 13:30 h.- Sara Valcárcel asina O ladrón de paraugas na caseta da Librería Agrasar
  • 18:00 h.- Jorge Vila asina Murallas, torres y puertas de las fortificaciones monfortinas na caseta da Libraría de Proencia
  • 19:00 h.- Presentación de El sintonizador, de José Luis Ordóñez por Algaida Editorial
  • 19:30 h.- Antía Yáñez asina Non penses nun elefante rosa na caseta da Librería Agrasar
  • 20:00 h.- Certames galegos de poesía. Coloquio e recital entre Xosé L. Mosquera Camba, autor de A traxedia da arquitectura (Premio Fiz Vergara Vilariño, Ed.Espiral Maior) e Andrea F. Maneiro, autora de Edénicas. (Premio Illas Sisargas, Ed.Caldeirón) moderado por María Casar por Luagrís.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...