HomeTerra de LemossanidadeA CIG Saúde denuncia o "abandono deliberado" do Hospital Comarcal de Monforte...

A CIG Saúde denuncia o “abandono deliberado” do Hospital Comarcal de Monforte nos proxectos orzamentarios da Xunta

A pesar do constante incremento do gasto sanitario anunciado polo Executivo autonómico a nivel xeral, as partidas destinadas a investimentos directos e infraestruturas prioritarias no centro hospitalario monfortino "brillan pola súa ausencia", asegura o sindicato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG-Saúde denuncia que o Hospital de Monforte volve ser o “gran esquecido” da provincia de Lugo nos proxectos orzamentarios da Xunta de Galicia. O sindicato afirma que “mentres outras infraestruturas sanitarias da área reciben inxeccións millonarias para ampliacións ou plans directores, a comarca de Lemos atópase un ano máis cunha asignación inexistente para resolver deficiencias estruturais, renovar equipamento obsoleto e frear a perda progresiva de servizos e especialistas”.

“É inacetable que a Xunta presuma de orzamentos récord en sanidade mentres os veciños e veciñas de Monforte e de toda a comarca sofren demoras, falta de persoal e instalacións golpeadas pola falta de mantemento básico. O nulo investimento proxectado demostra que para o Goberno galego a sanidade da zona sur de Lugo é de segunda categoría”, declaran desde o sindicato.

Nesta situación solicitan á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade unha rectificación inmediata a través do trámite de emendas parlamentarias para incluír:

1. Unha partida orzamentaria específica e finalista destinada á reforma integral e modernización das áreas prioritarias do Hospital de Monforte.

2. A elaboración e implantación urxente dun Plan Director real axustado ás necesidades demográficas e sanitarias da comarca.

3. Un plan extraordinario para o reforzo e estabilización do persoal sanitario. Non imos permitir que se consume este novo ninguneo a Monforte . Esiximos fetos, partidas concretas no DOG e compromisos reais, non promesas baleiras que nunca se traducen en melloras para os pacientes

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...