HomesociedadeO Alcalde de Monforte supervisa melloras en vías e infraestruturas que contaron...

O Alcalde de Monforte supervisa melloras en vías e infraestruturas que contaron cun investimento de 120.000€

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, supervisou diferentes actuacións de mellora de diversas vías, camiños e infraestruturas urbanas do Concello de Monforte. Actuacións que se remataron nos últimos días ou que se están acometendo na actualidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións comprenden a renovación dun tramo da rúa Veiguiña, na que se construíron, ademais de renovar parte do seu firme, novas beirarrúas, da rúa Marcial de Valladares, da rúa Frai Martín Sarmiento, do Camiño das Bestas e a Travesía de Cobas, que tamén viron renovado o seu firme.  Ademais, a rúa Frai Martín Sarmiento foi dotada do servizo de auga e saneamento.

O Concello tamén acometeu a ampliación do estacionamento do Parque de Cobas, dotándoo de 13 prazas máis de aparcamento para turismos, que engadidas ás 15 prazas xa existentes, suporán un total de 28 prazas.

A suma dos investimentos destinados a estes proxectos supoñen unha inversión de case 120.000 euros.

O Alcalde subliña que “en próximas datas, iremos dando a coñecer outros proxectos importantes para seguir mellorando a nosa cidade e tamén o conxunto do Concello. Continuamos así co desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non olvidamos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...