HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelFolgoso do Courel desconfía das axudas do Goberno polos incendios

Folgoso do Courel desconfía das axudas do Goberno polos incendios

Teme que os requisitos sexan moi esixentes e demanda condicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os municipios de Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón celebran a decisión do Executivo central de declarar zona catastrófica ás máis de 11.000 hectáreas ardidas, hai apenas un mes, entre ambos os concellos lucenses. No entanto, piden “prema” e tamén unha información máis detallada en canto a prazos, condicións e cantidades.

A alcadesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, agradece a decisión do Goberno de Sánchez, pero con obxeccións. Destaca que aínda é moi pronto e que o decreto aínda non está publicado, pero teme que os requisitos sexan demasiado esixentes.

É por iso que non dubida en pedir que se contemplen opcións como “a non tributación destas axudas, que non sexan incompatibles con outras subvencións, que sexan rápidas e que se contemplen, tamén, para segundas vivendas”.

Castro recalca que “moitas das familias que perderon as súas casas tíñanas como segundas vivendas”. “Tememos que as axudas tan só se dean ás que sexan de residencia habitual ou primeira”, apunta. Destaca que en Folgoso perdéronse miles de hectáreas de masa forestal, en concreto máis de 8.000, pero tamén foron afectadas unha longa lista de vivendas, casas rurais ou establecementos que dan vida ao municipio.

BROLLÓN

Pola súa banda, o rexedor da Pobra do Brollón, José Luís Maceda, comparte a necesidade de “prema” na materialización destas axudas. Descoñece a pinza económica entre as que oscilan as achegas, pero “calquera esforzo será bo para a recuperación dos montes”.

Con case 3.000 hectáreas pasto das chamas, na Pobra son positivos e agradecen “só ter que falar de perda de biodiversidade e non humanas”. A pesar disto, o rexedor insiste en que moitos dos veciños desta localidade lucense viven do campo e agora “hai que traballar por recuperar canto antes, e o mellor posible, o chan, repoboar as zonas afectadas, retirar a madeira queimada, etc.”.

Por diante, quedan semanas de traballo e de encontros entre diferentes institucións. Ambos os rexedores piden acelerar os prazos para non facer “máis longa a angustia dos veciños”, aínda que son conscientes de que todo leva o seu tempo. Di Maceda que agora están á espera de noticias do Goberno de Pedro Sánchez para porse “a traballar man a man” canto antes.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...