HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada, do Folión de Carros á Festa da Empanada

Chantada, do Folión de Carros á Festa da Empanada

Chantada segue celebrando as súas festas patronais que rematarán este martes coa Festa da Empanada. O sábado celebrábase o tradicional Folión de Carros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia, regresou o Folión de Carros. A cita, declarada Festa de Interese Turístico Galego e Ben de Interese Cultural, encheu de xente, tradición e diversión a vila.

Os carros do país e as carrozas percorreron na noite do sábado as rúas de Chantada, rematando na Praza de Galicia, onde tivo lugar a entrega de premios. Dende pola tarde tiveron lugar tamén diferentes actuacións musicais, xogos populares, exhibición das xugadas e a presentación da Muiñeira do Folión de Carros, composta polo gaiteiro Óscar Rodríguez Fernández. Durante as festas pode visitarse tamén a exposición O regreso da nosa festa, na casa da Cultura de Chantada.

Folión de carros 2022 / Concello de Chantada

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou da cita coa que colabora a institución provincial, “Colaboramos con este evento por todo o que supón a nivel turístico, cultural e etnográfico e pola súa contribución ao patrimonio inmaterial da provincia, que é moitísimo”, sinalou a Deputada.

A institución provincial está a elaborar, a través do seu Servizo de Audiovisuais, unha peza audiovisual promocional sobre o Folión de Carros de Chantada que percorrerá España para impulsar a difusión desta festa.

Folión de carros / Deputación Provincial

As festas de Chantada terán este luns, entre outras actividades, fogos artificiais e verbena. Para rematar na xornada de martes en que se celebra a Festa da Empanada.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...