HomeCulturaO día 2 de setembro, "Hainas" no ciclo Cos pés na terraza...

O día 2 de setembro, “Hainas” no ciclo Cos pés na terraza que celebra A Pobra do Brollón

A entrada a todos os concertos do ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ é libre e gratuíta. O seguintes concertos serán de Carta de Ajuste o 9 de setembro e Néstor Pardo o día 16.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ é un programa de concertos de verán nas terrazas dos bares e restaurantes organizado polo Concello da Pobra do Brollón.

Este venres, 2 de setembro, continúa o ciclo con Hainas. Será ás 20:30 na terraza do restaurante O Fogón, en Cereixa. Despois do concerto seguirá a música con sesión DJ.

Hainas é unha banda compostelá que percorre diferentes estilos como o soul, funky, swing e r&b. Está liderada por Andrea Pérez e Bea Mazaira, que anteriormente tocaron xuntas nas bandas The Soul Breakers e Betty and the amish.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...