HomeEconomíaMonforte destina 12.000€ en axudas a Asociacións para actividades do 2022

Monforte destina 12.000€ en axudas a Asociacións para actividades do 2022

O Concello de Monforte ten aberto ata o 23 de setembro o prazo de solicitude das subvencións municipais destinadas a Asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas, sen ánimo de lucro einscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, para actividades realizadas no exercicio 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A contía destinada a estas subvencións ascende a 12.000 euros, e o importe de cada subvención non poderá superar os 1.000 euros, nin o 70% do investimento subvencionable por cada anualidade. Concedidas as diferentes subvencións, o prazo para xustificalas será ata o 9 de decembro de 2022.

Para poder optar a este tipo de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, as asociacións deben cumprir unha serie de requisitos, ademais de figurar legalmente constituídas no rexistro de asociacións do Concello (ter domicilio social, sede ou representación en Monforte) e desenvolver actividades de interese xeral para o municipio, xa sexan de carácter cultural, veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo.

Estes requisitos son:      

  1. Carecer de ánimo de lucro.
  2. Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
  3. Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
  4. Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
  5. Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvención públicas.
  6. Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
  7. Para estas subvencións quedan excluídas Asociacións e Entidades Deportivas, así como aquelas que realicen actividades de carácter social, pois contan con liñas de axuda específicas.

A finalidade das axudas será contribuír ao financiamento de programas, proxectos ou actividades culturais levadas a cabo por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos no exercicio 2021.

Non serán subvencionables os gastos de reforma e acondicionamento de locais, vestiario, actividades con ánimo de lucro ou calquera outro gasto non relacionado co proxecto presentado. Así mesmo quedan excluídas desta convocatoria as axudas a festas patronais, comidas e eventos relixiosos.

O Alcalde concluíu salientando que “con estas axudas dende o Equipo de Goberno do Concello apoiamos ás iniciativas, actuacións e programas que contribúen á dinamización da vida cultural de Monforte, actividades que complementan os programas dos servizos culturais municipais e que se dirixen á comunidade en xeral. E facémolo especialmente nun momento no que as administracións debemos apoiar á cultura, porque é parte esencial da nosa sociedade.”

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...