Homesociedade"A Lagoa do Parque de Cobas, suporá un antes e un...

“A Lagoa do Parque de Cobas, suporá un antes e un despois nesta zona de Monforte”, asegura Tomé

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, visitou este mércores as obras que se están a desenvolver para o acondicionamento e mellora da Lagoa do Parque de Cobas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras abordan o acondicionamento da Lagoa do Parque de Cobas e a construción dunha nova presa desmontable, unha actuación que conta cun orzamento de practicamente 700.000 euros, concretamente 695.980,64 euros, a cargo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

“As obras que se están a desenvolver” explicou o rexedor municipal “consisten na execución dunha serie de actuacións ambientais na área de A Pinguela, para poñer en valor esa zona, o que leva consigo a recuperación da zona da lagoa con actuacións que habiliten un espazo para uso e disfrute da poboación”. O proxecto leva a cabo o acondicionamento da Lagoa do Parque de Cobas, a construción dun paseo que conformará un circuíto ó seu arredor e a instalación dunha nova presa desmontable.

“O proxecto suporá un antes e un despois para a zona da lagoa da Pinguela e o parque de Cobas, que estaba degradada”, salientou o Alcalde. Con esta mellora, completarase unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2).  

O Presidente da C.H. Miño-Sil anunciou que “as obras avanzan a bo ritmo e a estimamos que finalicen a finais de outubro”. As obras deron comezo a finais do pasado mes de xuño.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...

Opinión: Noite de Ánimas ou Noite dos Defuntos

A partires das 24:00 h. estaremos xa no mes de novembro, mes denominado como...

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...

O BNG esixe ao Goberno manter o tren das 23:00h entre Ourense-Monforte-Lugo

O BNG advirte de que a supresión deste servizo supón un novo recorte nas...