HomesociedadeIníciase o asfaltado do aparcadoiro do Parque do Barrio do Hospital en...

Iníciase o asfaltado do aparcadoiro do Parque do Barrio do Hospital en Monforte

O Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, visitou as obras do que será o futuro parque desta zona da cidade e puido comprobar o avance das mesmas, que está sendo executadas por Calfensa Proyectos S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo aparcadoiro que se está a asfaltar contará con 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos. Estase a rematar tamén a colocación dos elementos de xogo do Parque Infantil, do mobiliario así como a súa valla perimetral. Tamén se están a ultimar os paseos do Parque do Barrio do Hospital, así como o resto de zonas verdes.

Os traballos que se están a desenvolver consisten na mellora das condicións da actual vía de servizo da estrada LU-644 que transcorre polo extremo norte do Parque e a creación paralela a esta, na marxe oposta á referida estrada, dunha franxa de estacionamento en espiga, para automóbiles e motocicletas.

Tanto para o aparcadoiro como para a vía de servizo, estase aplicando unha capa de zahorra natural, espesor 10 cm., con posterior refino e compactado, encima da cal estase a estender unha capa de aglomerado en quente tipo D-12, de 8 cm. de espesor.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...