HomeTerra de LemosMonforte50 aniversario do Club Calasancio de Monforte

50 aniversario do Club Calasancio de Monforte

No acto celebrado o pasado venres 9 de setembro estiveron presentes, entre outras autoridades, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.

Publicado o

POR
red
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu na tarde-noite do venres 9 de setembro os actos conmemorativos dos 50 anos do Club Polideportivo Calasancio que se celebraron no Claustro do Colexio dos Pais Escolapios.

O Alcalde estivo acompañado, entre outras autoridades, polo presidente do Club Calasancio, Juan Carlos Díaz, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Francisco Conde, o ex-presidente José Mateo, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Manuel Fernández.

“Cumprir 50 anos non é calquera cousa, cumprir 50 anos é para celebrar, por iso, para min é unha honra participar dos actos conmemorativos do 50 Aniversario do Club Polideportivo Calasancio, que celebramos hoxe, aínda que eses 50 anos cumpríronse en 2019, pero a pandemia impediu celebrar esta efeméride como se merecía, ata este ano 2022″, dixo o rexedor monfortino na súa intervención.

Botando a vista atrás, o alcalde puxo en valor a evolución do club e recoñeceu o mérito das e dos deportistas así como tamén o labor das directivas que foron pasando. Neste punto referiuse aos presidentes “o Padre Fidel, ao que seguiron Don José Mateo e Don José Mourelo (Pepe Mourelo) nos anos 70, Don Ramón Rodríguez Buján, “Ramonín”, nos anos 80, Don Pedro Vázquez nos 90, Don Manuel Fidalgo de 2001 ata 2003, e dende ese ano, e ata hoxe, o actual presidente Don Juan Carlos Díaz”.

No transcurso do acto fíxose entrega de pins de prata conmemorativos a ex-xogadores do club e procedeuse á proxección dun vídeo resumo da historia do Calasancio.

José Tomé falando con Francisco Conde. Foto: Prensa Concello de Monforte.

COLABORACIÓN DENDE O CONCELLO

José Tomé destacou a boa sintonía entre o Concello e o Club, que se traduce na colaboración en diferentes actividades organizadas –Torneos, Campus do Deportivo da Coruña, etc– e tamén en axudas económicas. Neste senso cómpre salientar as melloras levadas a cabo pola entidade municipal coa transformación do campo do río a herba sintética, coa construción de vestiarios no pavillón do Colexio e coa actual execución dun ambicioso proxecto que supón a substitución do céspede do campo sintético do Colexio dos Escolapios por un novo céspede de nova xeración. Nesta última acción cóntase cun investimento de arredor de 190.000 euros grazas a unha axuda canalizada a través do Consejo Superior de Deportes.

ÚLTIMAS

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...

As ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes do mundo

A empresa chantadina Lugar Da Veiga S.L.L., coñecida en gran parte pola elaboración das...