HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta executa traballos de recuperación en máis de 100 hectáreas queimadas...

A Xunta executa traballos de recuperación en máis de 100 hectáreas queimadas no Courel

O equipo técnico do CIF de Lourizán constata en xeral unha baixa ou moderada severidade do lume no chan, polo que "non existe un risco alto de erosión".

Publicado o

- Advertisement -

Persoal de diferentes brigadas da Consellería de Medio Rural –adscrito ao distrito forestal VIII (Terra de Lemos)– realiza labores de recuperación de zonas afectadas por incendios en máis de 100 hectáreas no Courel.

Así, realízanse traballos de ‘mulching’, consistentes na colocación de palla, de acordo coas indicacións dos técnicos do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, quen previamente realizaron a inspección e avaliación das áreas de actuación preferente.

O obxectivo principal destas tarefas, nas que participan tres brigadas do servizo de prevención de incendios da Xunta, é protexer zonas concretas para evitar erosións no chan. Neste caso, o plan de traballo abarcará ao redor de 106 hectáreas, en terreos como a rede de drenaxe das pistas.

Nestas zonas afectadas polos lumes no Courel, os técnicos do CIF de Lourizán constataron en xeral unha baixa ou moderada severidade do lume no chan, polo que “non existe un risco alto de erosión”, sostén a Xunta. Así, na maior parte da área de arboredo as propias follas caídas proporcionan protección ao chan e mesmo se notan rebrotes de vexetación.

“Ademais, os puntos de conexión entre as ladeiras afectadas polo lume e os cursos de auga conservan na súa maior parte a vexetación sen queimar, o que asegura unha atenuación dos posibles arrastres”, asegura Medio Rural.

ÚLTIMAS

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...