HomeEconomíaAno de cifras récord de exportación para a D.O. Ribeira Sacra

Ano de cifras récord de exportación para a D.O. Ribeira Sacra

Na campaña 2022, as cifras de exportación chegan a 2.809,09hl. Por países, as principais exportacións son a: EEUU 1058,48hl; Noruega 224,59hl; Dinamarca 214,40hl; Reino Unido 200,87hl e Canadá 146,33hl.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir do ano 2015 as cifras de exportación de viños da DO Ribeira Sacra comezan a ser importantes con 1.739,17hl. En 2018 superábase por primeira vez a barreira dos 2.000hl con 2.136,93hl. No 2019, ano previo á pandemia foron 1.629,84hl. A pesar das circunstancias no 2020 e no 2021 as cifras mantivéronse con 1.511,43hl e 1.901,65hl respectivamente. Na campaña 2022, as cifras de exportación chegan a 2.809,09hl.

Por países, as principais exportacións son a:

  • EEUU 1058,48hl
  • Noruega 224,59hl
  • Dinamarca 214,40hl
  • Reino Unido 200,87hl
  • Canadá 146,33hl
  • Suecia 136,84hl
  • Corea 90,29hl
  • Suiza 86,54hl
  • Alemania 70,53hl
  • Australia 60,73hl

O Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, destaca o esforzo exportador das adegas e a importancia de participar nas feiras internacionais, “para poder exportar o viño ben e estar aí necesitas, primeiro, que te coñezan e despois que teñas un nome de garantía. A imaxe é imprescindible”.

A nivel nacional a maior parte das vendas nesta campaña déronse nas seguintes comunidades:

  • Galicia 29.100,53hl
  • Madrid 1109,44hl
  • Cataluña 956,34hl
  • Valencia 635,10hl
  • Castela e León 469,73hl

En Galicia os datos de vendas mantéñense sen cambios significativos respecto ao 2019, antes da pandemia. Ourense é a provincia galega na que máis se vende viño da D.O. Ribeira Sacra, 12.490,48hl, seguida de Lugo, 6.865,31hl; A Coruña 5.343,51hl e Pontevedra, 3.452,51hl. “Consome máis noso viño a provincia de Ourense porque é unha provincia vitícola, ten 4 Denominacións e hai unha maior cultura de viño. A provincia de Lugo na parte norte estivo influenciada no mercado por viños doutras zonas. É unha cuestión cultural e unha realidade, hai un maior consumo dos nosos viños na metade sur de Galicia que no norte, e a nivel de España un maior consumo no norte que no sur”, sinala José Manuel Rodríguez.

Cabe destacar que durante os dous anos da pandemia, 2020 e 2021 nas provincias nas que se atopa o territorio da D.O. aumentaron significativamente as vendas, superando en Lugo os 8.000hl e en Ourense os 16.000hl. “Houbo unha aposta maior polo mercado de proximidade, a xente apostou máis polo seu e iso fixo que houbese unha maior implantación dos produtos de cada territorio”, explica José Manuel Rodríguez.

Sumando as vendas nacionais e de exportación, nesta campaña chégase a 36.494,01hl. (4.865.868 botellas). O 80% (+-) das vendas realizáronse en Galicia. En España, sen Galicia, representan un 13% (+-) e o 8% corresponde a exportación, a porcentaxe máis alta na historia da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...

O Colexio Escolapios de Monforte estará na fase nacional da VI Ciberliga

O equipo formado por Pau López, Xavier Velázquez, Sergio Méndez, Adrián Rodríguez e Mauro...

Aberto o prazo de reservas para as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poden adquirir os seus billetes a través...

2,6M€ para mellorar a pista do canal en Monforte e dar acceso á futura praia fluvial

O rexedor monfortino puxo en valor a importancia desta obra para a trama urbanística...