HomesociedadeAntón Acevedo, Director Xeral de Atención Sociosanitaria visita Coidado Porta a Porta...

Antón Acevedo, Director Xeral de Atención Sociosanitaria visita Coidado Porta a Porta en Quiroga

Unha das finalidades deste servizo é facilitar coidados médicos e de saúde en xeral preto dos fogares das persoas maiores, evitándolles desprazamentos fora do seu entorno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo,  achegouse este martes ata Quiroga para visitar a unidade móbil Coidado Porta a Porta. O Director Xeral estivo acompañado polo Subdirector Xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria, Alfredo Silva (vinculado laboralmente con Quiroga onde exerceu a medicina); polo Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias,  e polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, con quen mantiña previamente un encontro de traballo na casa consistorial. Na visita tamén participaba a Concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez.

No  servizo Coidado porta a porta, posto en marcha pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ofrécense gratuitamente consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, e que nesta primeira visita a Quiroga tivo todas as súas consultas completas.

Dada o boa acollida que está tendo esta atención aos maiores de 55 anos, como matizou Antón Acevedo, foron máis de 20.000 os atendidos desde a súa  posta en marcha no mes de marzo. E está previsto que ata que remate este programa no mes de outubro do vindeiro ano, o servizo Coidado porta a porta visite Quiroga outras dúas veces máis.

Coidados porta a porta en Quiroga visita Acevedo / concello de Quiroga

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...