HomesociedadePídese colaboración veciñal para a exposición fotográfica dos 50 anos do CEIP...

Pídese colaboración veciñal para a exposición fotográfica dos 50 anos do CEIP Monte Baliño

Agradécese que as fotos vaian acompañadas de información e da data na que foron tomadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CEIP Monte Baliño de Pantón celebra 50 anos, entre os actos programados organizan unha exposición fotográfica con imaxes do centro e dos alumnos desde a súa inauguración ata hoxe.

Para sacar adiante esta iniciativa é necesaria a colaboración veciñal, polo que se solicita a participación de todas aquelas persoas que queiran e poidan achegar as fotografías dos diferentes cursos. Agradécese que as fotos vaian acompañadas de información e da data na que foron tomadas.

Para máis información ou entrega do material fotográfico poden poñerse en contacto co CEIP Monte Baliño no teléfono 982 82 82 15 ou no correo electrónico ceip.montebalinho@edu.xunta.gal ou coa Casa da Cultura do Concello de Pantón no 982 45 63 77 ou no correo culturapanton@gmail.com.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...