HomesociedadeO servizo de Atención Temperá de Quiroga engade Atención PostTemperá

O servizo de Atención Temperá de Quiroga engade Atención PostTemperá

O Servizo de Atención Temperá da agrupación de concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón nace en setembro de 2020 coa finalidade de ofrecer un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con problemas de desenvolvemento ou en risco de padecelos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O servizo conta con mais de 75 usuarios desde o seu inicio a día de hoxe, dos cales máis de 15 usuarios recibiron a alta por ter cumprida a idade límite para permanecer no servizo. Este servizo está subvencionado pola Xunta de Galicia con 160.000,00 euros.

O servizo de atención post temperá xorde pola necesidade que presentan as familias usuarias do Sat ante a finalización do servizo por superar a idade máxima na estadía no centro e a imposibilidade de desprazarse fora dos concellos da agrupación para continuar coas intervencións. Xa que a partir dos 6 anos prodúcese o que as familias definen como “desatención” por parte do sistema público de atención primaria comunitaria aos seus fillos porque se produce unha interrupción brusca na atención socio-sanitaria aos nenos con dificultades no desenvolvemento, precisamente nun momento de máxima necesidade de atención que é o inicio da etapa escolar.

O Servizo de atención post temperá ten como obxectivo principal dar unha continuidade aos programas de atención temperá naqueles nenos que entre 6 e 12 anos que o precisen, mantendo os tratamentos dirixidos as dificultades no seu desenvolvemento, o seu crecemento e a súa socialización.

O servizo compartirá as instalación co SAT situado na Ribeira e na súa delegación do Saviñao. Contará cun equipo multidisciplinar que ofrece os servizos de:

  • Logopedia
  • Psicoloxía
  • Fisioterapia
  • Terapia ocupacional
  • Pedagoxía terapéutica.
Centro de día e SAT na Ribeira, Quiroga / XdL

As dificultades que se atenderán son: Problemas emocionais e psicolóxicos, dificultades do vínculo e das relacións sociais., manifestacións precoces no ámbito da saúde mental infantil, problemas de fala, voz, audición, deglución, linguaxe oral e/ou escrito, problemas motores, problemas de aprendizaxe e outros vinculados ao ámbito escolar.

Para acceder o servizo o usuario deberá pertencer a un dos 8 concellos que constitúen a agrupación de concellos, ter entre 7-12 anos, ter un trastorno no desenrolo diagnosticado. O prezo mensual que se solicita as familias é dun máximo de 60€ coa posibilidade de acceder os 5 profesionais cos que conta o servizo.

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...