HomePolíticaO BNG do Saviñao leva ao Parlamento dar cobertura estable á praza...

O BNG do Saviñao leva ao Parlamento dar cobertura estable á praza de médico que quedará vacante no concello co concurso de traslados

O día 15 de setembro de 2022 saíu publicado o listado provisional de traslados do SERGAS, nesa publicación, segundo o BNG recóllese que a unha das facultativas do Centro de Saúde de Escairón se lle concede traslado para outro centro de saúde "mentres para o Centro de Saúde de Escairón non ten pedido ninguén", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas listaxes son provisionais, pero segundo o BNG, non adoitan sufrir variacións, polo que temen que o centro de saúde de Escairón quedará sen un persoal facultativo estable.

O Concello do Saviñao ten unha poboación de pouco máis de 3500 habitantes e 200 km2. Conta neste momento con 3 médicas, 3 enfermeiras, 2 psx na capitalidade e 1 médica e 1 enfermeira máis no consultorio de Currelos. Este persoal xustifícase polas dimensións, a orografía e a media de idade da poboación do Concello.

“Dado o exemplo que temos en zonas veciñas pensamos que é probable que a escaseza de persoal facultativo se use como xustificación perfecta para deixar esta praza por cubrir ou para cubrila de forma ocasional o que entendemos que sería extremadamente prexudicial para manter a calidade asistencial. Dende o punto de vista laboral será tamén problemático porque incrementará as cargas para o persoal facultativo que quede”, insisten desde o BNG.

Os nacionalistas presentan unha proposición non de lei para debate en Pleno, e na comisión 5ª, ademáis de varias preguntas nas que se insta ao Goberno da Xunta a “dar cobertura estable a praza de persoal facultativo que quedará vacante no momento das incorporación dos traslados externos do ano en curso para garantir a calidade asistencial no Concello do Saviñao.”

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...