HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra leva vendimados 5.332.763 quilos

A D.O. Ribeira Sacra leva vendimados 5.332.763 quilos

Das 89 adegas que vendiman este ano ao amparado da D.O. Ribeira Sacra, 55 terminaron a vendima, 33 adegas seguen vendimando e falta unha por comezar. A calidade das uvas que están a entrar en adega é moi boa, cun estado sanitario óptimo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de medio mes de vendima oficial a D.O. Ribeira Sacra recolleu 5.332.763 quilos de uva. Da variedade maioritaria, Mencía, lévanse vendimado 4.245.820 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 4.245.820 quilos
  • Merenzao 61.378 quilos
  • Sousón 36.682 quilos
  • Brancellao 35.972 quilos
  • Caíno tinto 31.861 quilos
  • Garnacha 199.428 quilos
  • Tempranillo 26.445 quilos
  • Mouratón 6.887 quilos
  • Grao Negro 318 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 550.834 quilos
  • Albariño 75.858 quilos
  • Treixadura 44.562 quilos
  • Branco Lexítimo 8.008 quilos
  • Dona Branca 5.299 quilos
  • Torrontés 1.797 quilos
  • Loureira 1.614 quilos

A D.O. Ribeira Sacra seguirá con actividades promocionais en novembro acudindo con ACRUAGA ao evento “Salón dos viños e augardentes de Galicia” en Amsterdam. A actividade organizada pola Asociación Española de Catadores persegue continuar coa promoción dos viños galegos en Europa. Despois de participar nas citas vitivinícolas de París, Düsseldorf e Londres, a asistencia a Amsterdam axudará a consolidar o mercado cos Países Baixos, dos principais importadores dos viños da D.O. Ribeira Sacra.

Ademais de seguir presente nas citas onde o viño é protagonista, a D.O. Ribeira Sacra segue desenvolvendo actividades de formación, tamén en colaboración con ACRUAGA.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...