HomesociedadeObservación astronómica nocturna o 4 de outubro desde a Praza da Compañía...

Observación astronómica nocturna o 4 de outubro desde a Praza da Compañía de Monforte

Este martes, 4 de outubro, ás 21:00 horas o Concello de Monforte organiza na praza da Compañía unha observación astronómica nocturna baixo o título “A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño. O teu Xacobeo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte programa esta actividade de divulgación astronómica nocturna en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Conta co financiamento da Consellería de Cultura e Turismo dentro do programa O teu Xacobeo.

O propósito é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara Compostela.

O proxecto mergullará ós participantes no mundo da astronomía mediante a visión nocturna tanto a simple vista como con telescopios.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...