HomeEconomíaMonforte acollerá cinco xornadas sobre a xestión de distintos tipos de explotacións

Monforte acollerá cinco xornadas sobre a xestión de distintos tipos de explotacións

A inscrición debe realizarse a través da páxina web da Consellería do Medio Rural.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural ten previsto realizar, entre o 10 e o 14 de outubro, ata cinco xornadas sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte.

Segundo informou a Xunta este martes, as accións desenvolveranse entre as 10,00 horas ata as 14,15 horas. Así, o luns 10 de outubro terá lugar unha xornada sobre a xestión das granxas de vacún de leite.

Tamén ese luns e o martes 11, abordarán as peculiaridades das explotacións da gandaría extensiva. O xoves 13 a temática versará sobre as granxas con necesidade de base territorial e o venres 14 sobre as explotacións de cultivos, fruticultura, vitivinicultura e apicultura.

O obxectivo destas formacións é presentar a xestión técnico económica como unha ferramenta para reducir a incerteza na actividade agrogandeira. Desta forma, definirán o concepto, tratarán a súa utilidade, analizarán as fases que comprende e o produto final.

Ademais, analizarán os diversos conceptos relacionados coa xestión como os investimentos e o cálculo das amortizacións técnicas ou os préstamos.

Estas xornadas están dirixidas a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como á mocidade do medio rural galego e as persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A inscrición debe realizarse a través da páxina web da Consellería do Medio Rural. O coordinador contactará coas persoas interesas mediante o correo electrónico para comunicarlle se están ou non admitidas, explicou o Executivo autonómico.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...