HomeCulturaO 8 de outubro Música no Outono trae a Sober á acordeonista,...

O 8 de outubro Música no Outono trae a Sober á acordeonista, Marta Cubas

O Concello de Sober, en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober, bota a andar o sábado, 8 de outubro, o programa Música no Outono cun concerto da acordeonista Marta Cubas. A cita ás 20.00h. no centro sociocultural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto de Marta Cubas recolle obras que mostran algúns dos diferentes estilos que atravesou a música, embarcándonos nunha viaxe espazo-temporal que comeza en Nápoles ao redor do 1700 e finaliza en Nova York no S.XXI, percorrendo épocas que van desde o Barroco ata o Contemporáneo. Nesta travesía vense reflectidos os cambios nas técnicas compositivas e como se vai xerando unha necesidade de innovación a través dos recursos sonoros dos instrumentos. A entrada é de balde.

Marta Cubas Hondal (2002) é unha acordeonista que destaca pola súa gran capacidade de comunicación, sensibilidade e virtuosismo, cun amplo repertorio que abarca desde o barroco ao contemporáneo. Compositores como Alejandro Vivas, Alexander Yasinski ou Gorka Fermosa escribiron concertos expresamente para ela, estreados con orquestras como a Orquestra Metropolitana de Madrid, Nova Orquestra Sinfónica Ataúlfo Argenta ou a Nova Orquestra Sinfónica de Salamanca. Ofreceu recitais no Palacio de Festivais de Santander, no Festival de Camargo, e foi convidada pola Embaixada de España en Turquía para realizar un recital en Istambul.

Programa

  • Domenico Scarlatti: Sonata en Fa menor K386
  • Zuriñe F. Gerenabarrena: Izpi
  • Alfred Schnittke: Suite Fairy Tale (selección)
  • Antonio Soler: Sonata en Re menor No. 117
  • Martin Lohse (1971-): Passing III
  • Isaac Albéniz: Aragon, de Suite Española Op.47
  • John Zorn: Roadrunner

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...