HomeSucesosUnha veciña de Monforte busca en redes ó seu agresor

Unha veciña de Monforte busca en redes ó seu agresor

Publicado o

- Advertisement -

Unha veciña de Monforte está a buscar unha moto de cor laranxa que se deu á fuga logo de atropelala.

O suceso tivo lugar o sábado 29 de setembro ó redor das 22:00 horas na zona da Compañía, á altura dunha tenda de moda infantil. Segundo a vítima, unha moto de cor laranxa e ‘pilotada’ por un rapaz, ía facendo “cabaliños”. Tras perder o control do vehículo, invadiu a beirarrúa atropelándoa e dándose á fuga.

A zona estaba transitada nese momento polo que a moza foi asistida polos presentes.

Se alguén viu o sucedido, puido quedarse coa matrícula da moto ou sacou fotos do sucedido, prégase que contacte coa vítima, que ten o seu perfil social en Facebook como @lauravilarodriguez.

ÚLTIMAS

Conferencia sobre a relevancia de Lemos na Idade Media

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá a conferencia "A...

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...