HomeMedio ambiente e PatrimonioC@urel Vivo quere que as pezas arqueolóxicas atopadas no Courel volvan a...

C@urel Vivo quere que as pezas arqueolóxicas atopadas no Courel volvan a casa

C@urel Vivo levará a pleno  unha proposta para que se depositen, de novo no Courel, as pezas arqueolóxicas atopadas desde fai decadas e que hoxe están repartidas por salas de toda Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

A petición que C@urel Vivo fai ao pleno é solicitarlle, á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, o material arqueolóxico atopado no Courel. Aseguran que as pezas poden ser visitadas igualmente no concello, xa que dispón de espazos para exposición e esta medida suporía un atractivo turístico máis para o concello.

Entre outras pezas, destacan a táboa da Hospitalidade , unha aguia romana de bronce (vexillum) ou os restos dunha muller do Mesolítico (9.300 anos) atopada nunha cova lindeira co Courel.

Para C@urel Vivo, os restos deben de estar no C@urel; de non ser devoltos, solicitan que a Consellería de Cultura, ceda reproducións en 3D para poder amosar as pezas a veciños/as e visitantes. Lembran que non se trata de escavar os castros e levar as pezas para “deixar en sacos mortas de risa, débese escavar a nosa historia, estudala e expoñer as pezas nun museo para poñelas en valor e a mellor opción é telas onde apareceron”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...