HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra obtén 14 medallas no Mondial des Vins Extremes

A D.O. Ribeira Sacra obtén 14 medallas no Mondial des Vins Extremes

O Mondial des Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en socalcos).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concurso internacional que organiza o Cervim celebrouse o 29 e 30 de setembro no Val de Aosta, Italia. A esta 30ª edición do Mondial des Vins Extrêmes, o único concurso enolóxico internacional dedicado expresamente aos viños producidos por viticultura heroica, presentáronse 831 os viños de 301 adegas de 24 países de todo mundo.

A D.O. Ribeira Sacra presentaba 61 mostras de 32 adegas e obtén 14 medallas, 8 de ouro e 6 de prata.

Medallas de ouro

  • Ibio 2019 de Don Bernardino (Sober)
  • Don Cosme 2020 de EDV SLU (Quiroga)
  • Finca Cuarta Ladeira 2021 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Finca Cuarta A Costa 2019 de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Ciudáseis 2021 de María Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos)
  • CastroFiz Tradición 2020 de José Luis Fernández Pedreira (Chantada)
  • Instinto Romano 2021 de Miguel Pavón Reinoso (Taboada)
  • Bancales Olvidados 2019 de Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas)

Medallas de Prata

  • Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Sober)
  • Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago (Chantada)
  • Rosa do Frade 2021 de Adega Vella Xeracións (A Teixeira)
  • Prómine Singular 2021 de Adegas Petrón (Sober)
  • Finca Cuarta Mencía 2021de Rubén Moure Fernández (Sober)
  • Inseparables 2021 de EDV SLU (Quiroga)

A D.O. Ribeira Sacra é referente mundial do que se denomina viticultura heroica, denominación á que se chega por unhas condicións orográficas que non permiten a mecanización, viñedos de pequeno tamaño habitualmente organizados en socalcos; condicións climáticas adversas ou/e porque o viñedo atópase en zonas xeográficas con paisaxes de elevada beleza e con carácter turístico.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...