HomeEconomía7.000€ en axudas municipais para estudantes de Quiroga

7.000€ en axudas municipais para estudantes de Quiroga

Nesta nova edición de axudas muncipais mantense a partida orzamentaria do ano anterior fixada en 7.000€, que se dividirá entre o número de solicitudes presentadas e correctamente documentadas. O pasado ano foron unha trintena os estudantes que se beneficiaron destas axudas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os estudantes empadroados no municipio de Quiroga que cursan algunha das ensinanzas que non se podan cursar en Quiroga (FP ou universitarias) xa poden solicitar as axudas do Concello de Quiroga tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP 10-10-2022).

Son gastos subvencionables a matrícula educativa, a compra de libros de texto ou material escolar, o alugueiro de vivendas ou os gastos de transporte, sempre que figuren a nome do estudante que solicita a achega económica.

Os alumnos interesados teñen ata o día 8 de novembro (incluído) para presentar as solicitudes, que preferentemente deberán tramitar a través de internet ou telematicamente (sede electrónica do concello ou no correo concello.quiroga@eidolocal.es). Xunto co formulario da solicitude deberán de presentar: a copia da matrícula, o certificado do nº de conta e a documentación xustificativa do gasto para o que piden a axuda.

        

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...