HomeComarca de ChantadaChantadaApertura do xuízo oral contra un veciño de Chantada por disparar a...

Apertura do xuízo oral contra un veciño de Chantada por disparar a unha cadela

Asociacións animalistas cualifican este avance e o chamada xuízo oral do acusado polos feitos ocorridos en Chantada como "motivos de satisfacción para quen protexemos aos animais abandonados e maltratados".

Publicado o

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº1 de Chantada decretou a apertura de xuízo oral contra HC. V., veciño da localidade, acusado por disparar e arrastrar a unha cadela, Alma, que posteriormente faleceu. Tanto a Fiscalía como a protectora O Refuxio -que actúa como acusación– solicitan a máxima pena de 18 meses de prisión e a inhabilitación de catro anos para a tenencia de animais.

Os feitos, segundo consta nas actuacións, tiveron lugar o 30 de novembro de 2019, sobre as 11,55 horas no Lugar de Soilán en Chantada, o acusado “disparou coa súa escopeta nas patas traseiras á cadela para, con posterioridade, coller unha corda, atarlla ao pescozo e arrastrala por un camiño e un paso subterráneo”. Como consecuencia das feridas provocadas, a cadela morreu o día 3 de decembro.

Por mor dos feitos e a “indignación social” que causaron, a protectora O Refuxio iniciou unha campaña baixo o lema #NoPuedeSer, a través da cal pedían levar a cabo unha reforma do Código Penal español que endurecese as penas por delitos de malos tratos graves aos animais.

Tras tres anos de reunións con todos os grupos parlamentarios, actualmente a reforma está en tramitación no Congreso. O presidente do Refuxio, Nacho Paunero, tacha este avance e o chamada xuízo oral do acusado polos feitos ocorridos en Chantada como “motivos de satisfacción para quen protexemos aos animais abandonados e maltratados”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...