HomesociedadeRemata a vendima na D.O. Ribeira Sacra cumprindo as expectativas con 6.047.400...

Remata a vendima na D.O. Ribeira Sacra cumprindo as expectativas con 6.047.400 quilos recollidos

A data 11 de outubro, a última adega que seguía recollendo uva na D.O. Ribeira Sacra anunciou o remate dos traballos, poñendo fin a esta campaña na que se prevía producir uns 6.000.000 de quilos de uva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de 47 días de vendima oficial, alcanzáronse os 6.047.400 quilos. O ano pasado o remate da vendima foi o 20 de outubro, un dos finais máis tardíos na historia da D.O. con 6.545.331 quilos vendimados.

Este ano os controis de maduración realizáronse entre o 23 e o 25 de agosto, o día 26 iniciáronse vendimas provisionais en parcelas que xa reunían as condicións para a recollida de uva, aínda que o inicio oficial foi o 15 de setembro.

Nesta vendima 2022 houbo 2.208 viticultores inscritos e 88 adegas que recolleron as seguintes cantidades por variedade de uva:


Variedades tintas

  • Mencía 4.814.065 quilos
  • Garnacha 232.015 quilos
  • Sousón 116.937 quilos
  • Merenzao 61.378 quilos
  • Brancellao 53.397 quilos
  • Tempranillo 30.769 quilos
  • Caíño tinto 32.011 quilos
  • Mouratón 6.895 quilos
  • Grao Negro 1.845 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 555.938 quilos
  • Albariño 75.936 quilos
  • Treixadura 45.888 quilos
  • Dona Branca 6.811 quilos
  • Branco Lexítimo 8.008 quilos
  • Loureira 3.710 quilos
  • Torrontés 1.797 quilos

A campaña péchase segundo o esperado. Cumpríronse as expectativas de roldar os 6 millóns de quilos e a uva que entrou en adega estaba en moi boas condicións e con bo grao, na media da última década.

ÚLTIMAS

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...