HomePolíticaA Deputación de Lugo volverá licitar a residencia da Pobra do Brollón...

A Deputación de Lugo volverá licitar a residencia da Pobra do Brollón e non descarta accións xudiciais

Acusa á empresa adxudicataria de abandonar a construción deste centro.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo volverá licitar a residencia de maiores do Concello da Pobra do Brollón, logo de resolver o contrato coa anterior empresa adxudicataria das obras, que abandonou o proceso, e sen descartar emprender “accións coercitivas” contra ela por incumprir o contrato.

A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, deu conta desta circunstancia tras a xunta de goberno na que “se acordou resolver este contrato por causas alleas á deputación, en todo caso imputables ao propio contratista”.

“Desde a deputación non descartamos accións coercitivas contra esta empresa, por ese incumprimento de contrato. Manifestamos o noso compromiso cos veciños e veciñas da Pobra do Brollón para sacar adiante, coa máxima celeridade, unha nova adxudicación que nos permita construír a residencia”, subliñou.

De feito, o organismo provincial puxo este asunto en mans dos servizos xurídicos para que analicen a conveniencia de facer algunha reclamación á empresa que abandonou a licitación. “Hai unha serie de accións que abordamos coa asesoría xurídica, porque evidentemente que a empresa deixe de prestar un contrato que ten adxudicado prexudica gravemente os intereses dos veciños e veciñas da provincia”, dixo García Porto.

Isto, con todo, non será un obstáculo para levar adiante os traballos dese centro de maiores comprometido co Concello da Pobra do Brollón por parte do goberno provincial, agora cunha nova adxudicataria.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...