HomesociedadeSegredos de Pantón convida a unha andaina para coñecer muíños

Segredos de Pantón convida a unha andaina para coñecer muíños

Será o vindeiro 23 de outubro pola tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 23 de outubro ás 16:00 h. a asociación Segredos de Pantón organiza unha visita guiada a dous muíños. Un deles está situado na parroquia de San Mamede de Mañente, en Pantón, e outro no lugar de Cinsa na freguesía de Santa María de Baamorto, no veciño concello de Monforte de Lemos.

O obxectivo da visita é, en palabras da organiazación, “poder amosar o que foron destes lugares moitas veces esquecidos, saber sobre as súas historias e sobre todo da súa propia funcionalidade”.

O custe será de 2 euros e as 30 prazas dispoñibles cubriranse por orde de anotación a través dos seguintes medios:

Vía correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

Vía redes sociais: Twitter ou Facebook de Segredos de Pantón.

Teléfono ou WhatsApp: 662 669 223 (Lucas Vázquez).

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...