HomeMedio ambiente e PatrimonioOs servizos de emerxencias reciben 7 alarmas por incendio dende primeira hora...

Os servizos de emerxencias reciben 7 alarmas por incendio dende primeira hora da mañá

Publicado o

- Advertisement -

O xoves 4 de outubro comezou a arde o sur lucense. Sindrán, Pinel, e Reigada foron as parroquias onde as lapas fixeron acto de presencia para temor da poboacións. Uns veciños que aínda lembrar con horror a vaga de incendios que asolagou boa parte da comarca de Lemos.

Dende as 8 da mañá do día 5, xa son 7 alarmas que xente anónima deu ós servizos de emerxencias, das cales, 4 eran falsas alarmas. “A xente ten medo e ás veces un simple banco de néboa xa é confundido con fume e por iso chaman” segundo declara un traballador do servizo de extinción. Os incendios de Ourense, Chantada e Canedo (A Pobra do Brollón) non son falsos e actualmente os servizos de emerxencia están traballando neles. “Quedamos baixo mínimos porque parte dos equipos aéreos marcharon para Ourense”.

Este traballador do servizo de emerxencias aclara que un incendio ten 3 fases: a primeira é a de estabilizar as lapas, a segunda consiste en controlar o lume e finalmente, a terceira, extinguilo.

E nesa segunda fase é na que se atopan os incendios de Sindrán e Reigada. As motobombas están a refrescar o perímetro acoutado para evitar que as lapas se espallen. Un traballo que se fai cando as temperaturas son máis baixas porque tendo en conta as condicións climatolóxicas actuais, nas horas centrais do días, os termómetros rexistran temperaturas máis altas do normal.

“A situación mudou. Pasamos un verán tranquilo e agora, en outubro, cando remataron os contratos dos brigadistas e estamos a ter unha climatoloxía anormal, comeza a arder o monte. Os pirómanos saben cando facer máis dano. Ademais, as horas de luz dos días son menores e saben que poden andar polo monte con máis liberdade que cando é día ata as 22:00”

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...