HomeCulturaPresentación dos dous últimos libros de Xesús Alfonso Parada Jato este venres...

Presentación dos dous últimos libros de Xesús Alfonso Parada Jato este venres no Casino Ateneo

Peruchela Edicións en colaboración co Ateneo Casino de Monforte de Lemos organizan a presentación dos dous últimos libros de Xesús Alfonso Parada Jato coa asistencia do autor. A cita este venres ás 20.30 no Casino Ateneo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das publicacións que presenta o autor é Entre o luceiro e a noite. Trátase dun poemario con ilustracións a cor do propio autor que acaba de publicar con Peruchela Edicións. Os seus versos describen o tradicional e preciso proceso de tornar a áspera cabeza da gramínea no alimento por antonomasia, unha ruta tantas veces percorrida recuperada para o lector mediante o verso comedido e a pormenorizada lembranza.

Aires de Meiraos, pola súa banda é un ensaio etnográfico no que recolle, como é habitual na súa obra, palabras e toponimia orixinal do Courel. Os
protagonistas da obra son os ventos de Meiraos e dalgúns lugares dos
redores. Aires que teñen grande influencia no medio, nos animais e nas
persoas, a nivel físico e tamén no eido psicolóxico.

Complétase a obra facendo referencia a distintos modos de nomear aos camiños, así como referencias ás herbas menciñais que te podes atopar neles. O libro saíu a venda a finais de setembro e foi editado pola Avant Editorial.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...