Homesociedade"Ribeira Sacra: aposta de futuro" no II Foro Think Tank que se...

“Ribeira Sacra: aposta de futuro” no II Foro Think Tank que se celebra o día 24 en Pantón

Este encontro terá lugar no Balneario Augas Santas de Pantón e contempla tres mesas de traballo nas que se afondarán nas fortalezas e debilidades de sectores clave na zona sur da provincia, como o turístico, o agroalimentario ou o vitivinícola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, presentaron en Lugo o II Foro Think Tank que nesta ocasión leva por título “Ribeira Sacra: aposta de futuro”, unha das iniciativas que ambas entidades levan organizando por toda a provincia no marco do programa Conecta Lugo.

Esta acción conxunta da CEL e da Xunta de Galicia aposta por ofrecer ferramentas ás pemes que lles permitan avanzar en innovación e competitividade. Jaime López suliñou que “o II Foro Think Tank superou todas as expectativas: nos tres primeiros días cubríronse xa as prazas inicialmente previstas, cincuenta; foi tal a demanda que decidimos ampliar o aforo con vinte prazas máis para acoller ao maior número de interesados”.

Destacou tamén que se “percibe moito interese en coñecer de primeira man casos reais de empresas que están tendo éxito” e que “as empresas son conscientes de que participar en foros como este permite xerar sinerxías entre negocios complementarios na súa actividade e tamén facilitan a colaboración público – privada, de demostrada utilidade para o desenvolvemento dun territorio”.

Programa

O programa do foro comprende tres mesas de traballo: “Excelencia e sustentabilidade como camiño no turismo”; “O potencial do sector agroalimentario” e “O viño como porta ao mundo”. Nelas participarán representantes de entidades da Xunta como a Axencia Galega de Innovación, o Igape, a Axencia Galega de Turismo de Galicia ou Agacal, así como do C.R.D.O Ribeira Sacra e empresas como Vinigalicia, Galletas Daveiga, Alibós, Arias Moniz ou Máis que Románico, entre outras. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde clausurará o evento.

ÚLTIMAS

Pantón inaugura 3 días de Mostra de Viños con carpa contra a chuvia

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participou no acto de inauguración no...

Presentación literaria de ‘María Hesse’ na adega Regina Viarum

A adega Regina Viarum, no corazón da Ribeira Sacra, será o escenario dunha nova...

Medio Rural pon en valor a aposta de Daveiga pola innovación e a transformación dos produtos agrarios

Nesta visita, a conselleira salientou a aposta pola innovación e transformación desta empresa que...

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...