HomeSucesosUn ferido tras chocar contra un autobús e logo contra un farol...

Un ferido tras chocar contra un autobús e logo contra un farol en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

O condutor dun vehículo resultou ferido en Monforte. Segundo informa o 112 Galicia, perdeu o control sobre o seu coche, chocou contra un autobús e, tras o impacto, un farol caeu sobre o vehículo no que viaxaba.

No autobús, que realizaba o traxecto de Lugo-Ourense, viaxaban ao redor de 25 pasaxeiros, que resultaron ilesos.

O accidente ocorreu ao fío das 20,00 horas deste domingo. Foi a esa hora cando un particular alertaba dos feitos ao 112 Galicia. No seu relato indicaba que na Florida, un farol caera sobre un coche e as portas estaban bloqueadas por un autobús tamén implicado no accidente.

Con estes datos, o 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte e á Policía Local. Do mesmo xeito, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os servizos sanitarios confirmaron que unicamente había resultado ferida unha persoa, o condutor do turismo.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...