HomePolíticaO BNG de Monforte pide que o concello non reciba a obra...

O BNG de Monforte pide que o concello non reciba a obra de Rof Codina por deficiencias

O concelleiro do BNG, Emilio Sánchez, rexistrou recentemente a solicitude, alegando deficiencias na súa execución.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras que se están a desenvolver na rúa Rof Codina de Monforte, están motivando as queixas da veciñanza. Segundo os nacionalistas non se entende o exceso de bolardos a ambos os dous lados do seu percorrido, “e menos cando a función destes podería ser perfectamente asumida por algunha papeleira e, sobre todo, árbores que humanizaran o entorno. Con todo, o que máis lle preocupa á veciñanza, é o chanzo de 5 cm que hai entre o firme da calzada, e o das beirarrúas nos pasos de cebra, algo que dificulta, e moito, o normal paso de cadeiras de rodas ou carriños de nen@s.”

Por este motivo, o concelleiro do BNG en Monforte de Lemos, Emilio Sánchez Iglesias, rexistrou no concello un escrito solicitando que non se acepte o remate das obras, ata que se solucionen estas deficiencias. Para o BNG a solución a estes problemas viría do deseño desta rúa como plataforma única, algo que, en palabras do concelleiro nacionalista: “non encaixa na mentalidade do alcalde, cunha concepción do urbanismo propia dos anos 70”

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...