HomeCultura"Morgana en Esmelle" de Sarabela Teatro, este xoves no Multiusos de Monforte

“Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro, este xoves no Multiusos de Monforte

Segue en Monforte, o ciclo de teatro correspondente ó segundo semestre deste ano 2022, cunha nova peza teatral este xoves, 27 de outubro, no Edificio Multiusos a partir das 20.15 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A compañía Sarabela Teatro porá en escena a obra para adultos Morgana en Esmelle, obra de Begoña Caamaño dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e interpretada por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Quico Cadaval e Elena Seijo.

Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.

Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente? Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións?.

Unha obra que reescribe o mito cunha ollada contemporánea. Unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Morgana en Esmelle é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Morte accidental dun anarquista da compañía Talía Teatro que terá lugar o xoves, 10 de novembro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...