HomeComarca de SarriaSarriaCampionato de futbolín ‘Master Sarria’ e Samaín para a cativada

Campionato de futbolín ‘Master Sarria’ e Samaín para a cativada

A vila de Sarria acolle do 28 ao 30 deste mes a 10ª edición do Master Sarria e a Biblioteca Municipal ten programadas varias actividades para nenos e nenas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A 10ª edición do Master Sarria de Futbolín asegura grandes momentos na localidade lucense do 28 ao 30 de outubro próximos no Pavillón dos Institutos”, aseguran dende o Concello de Sarria, que colabora cos organizadores deste campionato, a LNF Sarria Futbolín.

É a gran cita no calendario de competicións de futbolín máis próxima no tempo e un novo referente para os afeccionados e afeccionadas ao futbolín que acoden a estes torneos procedentes de toda España.

A edición deste ano mantén os torneos de ‘movemento’, ‘parado’, ‘feminino’, ‘cego’ e nesta ocasión engade ‘local’ e os premios superan os 6.000 euros.

Cartel anunciador

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Este venres, 28 de outubro, proxectarase unha película para público infantil na Biblioteca Pública Municipal “Camilo Gonsar”. Será ás 17:30 h. e o título “Coco”.

Para o luns, 31 de outubro, está programado un Taller de Manualidades con inscrición previa e dous horarios diferentes segundo a idade dos e das participantes. De 10:30 a 11:30 h. a cativada de 3 a 6 anos e de 12:00 a 13:00 h. aqueles que pasen dos 6 anos. Este mesmo día pero ás 17:30 h. haberá unha ‘Festa Musical de Samaín’.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...