HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón refórzase para as municipais cunha nova...

O PP da Pobra do Brollón refórzase para as municipais cunha nova xestora

O presidente da xestora, Teddy López Pedredo trasladou o seu agradecemento “pola confianza” e sinalou que “temos traballo por diante para lograr nas municipais que o Partido Popular sexa a formación máis votada na Pobra do Brollón e, para iso, queremos contar con todos”. De feito, a xestora é un “equipo aberto á incorporación de todos os afiliados e veciños que consideran que a Pobra necesita un cambio e que queiran sumarse ao noso proxecto”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular da provincia de Lugo continúa a reforzar as agrupacións locais de cara ás eleccións municipais do 2023 co obxectivo de “sumar e implicar aos veciños na conformación dunha alternativa ao goberno local. As portas están abertas a todas as persoas que queiran traballar en beneficio da Pobra do Brollón”, explican os populares.

Despois de ser nomeado fai unhas semanas presidente da xestora da Pobra do Brollón, López Pedredo crea un equipo de traballo de “xente nova e con ilusión por mellorar o noso concello” para conformar a xunta xestora do PP local. Acompañan ao novo presidente, Roberto Jose Andrade Míguez, como secretario xeral, José Manuel Costoya Fernández, Maria José Fontal Vázquez, David López Freán, Beatriz Miranda Castaño e Diego Sanmartin Menéndez. Cabe destacar tamén a presencia do concelleiro Fernando Parada como membro da xestora.

A constitución da xestora tivo lugar nunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP – o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro que agradeceron “o compromiso de traballo dos integrantes”. Tamén participou nesta xuntanza o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias.

ÚLTIMAS

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...