HomeCulturaVI Xornada Castañeira nos Anguieiros

VI Xornada Castañeira nos Anguieiros

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade cultural do Concello de Quiroga, na parroquia de Montefurado, organiza unha xornada arredor da castaña o vindeiro 5 de novembro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade, en palabras dos organizadores, “ten como obxectivo lembrar a importancia que tivo a castaña nesta zona e ao mesmo tempo crear un espazo para a socialización e posta en valor do rural”.

A entidade organizadora, a Asociación Sociocultural Boca do Monte, ten programadas varias actividades para este sábado 5 de novembro:

Ás 10:00 h. Interesante ruta de sendeirismo con saída e chegada na aldea dos Anguieiros. 

A andaina comeza cunha altitude duns 350 metros e descorre no seu comezo polo camiño que une Os Anguieiros con Vilanuide ata chegar ao coñecido como “o arroio” e dende alí empeza a subir en dirección ao ‘Alto de Cabrita’. Pero xusto antes de bifurcarse o camiño para este lugar e Vilanuide, cómpre tomar un sendeiro á dereita que sube pola devasa nun ascenso de bastante pendente de máis dun quilómetro ata a cima do monte que está por enriba de Vilanuide. Dende alí pode albiscarse moi ben todo o val de Montefurado que outrora fora un complexo mineiro romano de onde se extraía moito ouro.

Xa por pistas, a ruta encara o lugar de Sesmil nun tramo de subidas e baixadas que levará aos camiñantes ata esa aldea de controvertido topónimo, xa que aínda hoxe hai discusións de se foi chamado así pola presenza na zona dunha lexión de romanos.

Pasada esta aldea, accédese ata a estrada que baixa da Enciñeira e xa se camiña ata Os Anguieiros. As vistas do val tamén son espectaculares.

Vista dos Anguieiros na baixada final da andaina. Foto: Asoc. Boca do Monte.

Ás 17:00 h. Visita divulgativa a algunha caniceira, coñecendo formas tradicionais de pisado da castaña, e paralelamente un obradoiro de elaboración de cabazas de Samaín en familia..

Xa pola noitiña, ás 20:00 h. está programado o Magosto popular con merenda, castañas asadas e licores. O grupo de música tradicional ABERTAL da Rúa poñeralle música ao encontro.

Magosto 2021. Foto: Asoc. Boca do Monte.

A organización desta actividade cultural e dinamizadora do rural conta cunha achega da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...