HomeCultura'Peitoescuro' desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Será este venres 28 de novembro ás 20:00 h. no espazo multiusos de Salcedo, no Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Primeiro foi ‘Alvorada’, despois seguiulle ‘Metamorfose’, e agora chega a terceira peza final da triloxía audiovisual do artista quirogués ‘Peitoescuro’ dirixida tamén polo produtor Álex Baena. O título escollido para este videoclip é ‘Pan das pedras’ e poderase ver en primicia na Pobra do Brollón, concretamente no espazo multiusos da aldea de Salcedo.

O pase está programado para as 20:00 h. e haberá algúns petiscos para compartir entre os presentes na cantina da Salanova, segundo explica Rubén Gutiérrez, ‘Peitoescuro’.

Coa presentación oficial de ‘Pan das Pedras’ queda xa o camiño aberto para “Semente na fenda”, o título do álbum de estudio no que Peitoescuro explorará artísticamente “a escuridade necesaria para enraizar e espertar do letargo en busca da luz”.  A previsión para o seu lanzamento é para principios do vindeiro ano.

O consolidado produtor compostelán e colaborador habitual de Tanxugueiras, Iago Pico, comandará a produción musical deste traballo que, a entender do grupo de traballo, “xerará gran expectación entre público e promotores”.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...