HomeDeportesHomenaxe ós piragüistas do Club Quixós polos éxitos nos Campionatos de España...

Homenaxe ós piragüistas do Club Quixós polos éxitos nos Campionatos de España e de Europa

No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo acompañado polos 8 deportistas homenaxeados, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, o técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, así como familiares e representantes do Club Quixós de piragüismo. Os atletas recibiron un trofeo individual personalizado en recordo dos éxitos acadados en cada caso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os oito atletas do Club Quixós eran homenaxeados polos excelentes resultados que acadaron tanto no Campionato de Europa de Augas Bravas Junior e Sub 23 celebrado en Banja Luka (Bosnia Herzegovina) do 25 ó 28 de agosto de 2022, como no Campionato de España de Slalom Jóvenes Promesas-Campionato por Federacións Autonómicas de Patrullas, celebrado en Sabero (León) o 27 e 28 de agosto de 2022.

O rexedor monfortino tamén fixo entrega dun trofeo conmemorativo para o Clube, unha réplica da Ponte Vella, que recolleu o presidente do Quixós, Iván Gutiérrez, e o seu director deportivo, Santi Díaz.

Os resultados máis destacados acadados polos atletas do Club Quixós foron os seguintes:

Campionato de Europa de Augas Bravas Junior e Sub 23

-Efrén Álvarez Vázquez:

  • 5º posto en 3XC2 sub-23 formando parella con Gabriel
  • 4º posto en 3XC1 sprint en categoría junior

-Gabriel Rodríguez López:

  • 5º posto en 3XC2 sub-23 formando parella con Efrén
  • 6º posto en 3XC2 sprint sub-23 formando parella con Efrén

-Nerea Guitiérrez Ontiveros:

  • 3º posto e medalla de bronce en 3XC1 sub-23 sprint
  • 5º posto en 3XC1 sub-23

-Noa Díaz Quintián:

  • 3º posto e medalla de bronce en 3XC1 sub-23 sprint
  • 5º posto en 3XC1 sub-23

Campionato de España de Slalom Novas Promesas-Campionato por Federacións Autonómicas de Patrullas

-Diego Expósito Díaz:

  • 4º posto en 3XC1 infantil
  • 5º posto en C1 Infantil

-Jacobo Rodríguez López:

  • 6º posto 3XK1 cadete

-Martín Prats Moreiras:

  • 4º posto 3XK1 infantil
  • 8º posto C1 Infantil

-Sara Inés Varela Cortiñas:

  • 2º posto e medalla de prata en 3XC1 infantil
  • 3º posto e medalla de bronce en 3XK1 infantil

O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial”. Tomé tamén recordou que “dende o Equipo de Goberno puxemos en marcha no mes de setembro unha nova liña de axudas dotada con 12.000 euros, e destinadas a axudar ós clubs monfortinos que participen en campionatos de España, de Europa ou do Mundo durante o ano 2022”. José Tomé concluíu o acto, animando ós deportistas a que “sigan traballando para acadar novos éxitos para o deporte monfortino, e agradeceu o apoio das súas familias, que tamén son peza fundamental na consecución destes logros”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...