HomeCulturaPostais de Miguel Anxo Prado e Rita Sabler para promover o ‘Camiño...

Postais de Miguel Anxo Prado e Rita Sabler para promover o ‘Camiño de Inverno’

A mostra, que se atopa no Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela, recolle os traballos artísticos que fixeron estes dous ilustradores no seu percorrido do Camiño de Inverno dende Valdeorras ata Compostela. Esta acción forma parte do proxecto de Compostela Ilustrada “Camiñamos para parar”, subvencionado polo Xacobeo 21-22 e apoiado por Rectoral de Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou días atrás na segunda xornada do encontro internacional ‘Compostela Ilustrada’ e aproveitou para inaugurar a mostra ‘Camiñamos para parar’, un proxecto enmarcado nas accións do Xacobeo 21-22 . Na súa intervención valorou positivamente a iniciativa, indicando que “o Camiño é un dos grandes atractivos para todo tipo de artistas. A riqueza das súas contornas, a arte que o rodea, a gastronomía e por suposto a amabilidade do pobo galego fai deste itinerario un espazo perfecto para levar a cabo calquera tipo de manifestación artística e dar a coñecer internacionalmente unha das xoias da nosa terra”.

‘CAMIÑAMOS PARA PARAR’, PROXECTO E MOSTRA

No proxecto “Camiñamos para parar”, durante nove días de setembro, os artistas gráficos Miguel Anxo Prado e Rita Sabler percorreron o Camiño de inverno, dende O Barco de Valdeorras ata Santiago. Na súa mochila levaban acuarelas e papel, ferramentas que empregaron para reflectir en postais ilustradas todo aquilo que lles chamou a atención durante a súa peregrinación, desde igrexas e edificios singulares ata pequenos detalles da paisaxe e da xente.

Miguelanxo Prado debucando a fonte e o lavadoiro de Montefurado. Foto: Gemma Sesar.

O obxectivo desta acción era peregrinar cunha caixa de acuarelas e unhas postais en branco e ir recreando as etapas a través de ilustracións feitas neste formato. O resultado son máis de sesenta acuarelas de distintos puntos do Camiño de Inverno debuxadas en formato postal, con textos explicativos de cada unha delas na parte traseira.

A mostra, do ilustrador galego Miguelanxo Prado e da xornalista visual norteamericana Rita Sabler, complétase cun vídeo que recolle as sensacións e emocións que os artistas testemuñaron unha vez rematado o percorrido.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...