HomeCulturaConcerto do sopranista, Rafael Quirant, o 13 de novembro en Sober

Concerto do sopranista, Rafael Quirant, o 13 de novembro en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade programan un concerto para este domingo, 13 de novembro, a cargo do sopranista Rafael Quirant. O recital, aberto ao público, será ás 19:00 horas na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rafael Quirant Porcar (sopranista) e Jezabel Esbrí Rodríguez (piano) ofrecen un agradable percorrido entre os máis destacados compositores do barroco e bel canto. O programa fai un percorrido con arias de Monteverdi, Händel e Vivaldi ata chegar a pezas de compositores belcantistas como Verdi e Rossini. E tal vez ao final mesmo haxa algunha que outra sorpresa…

Rafael Quirant Porcar (Valencia, 1996), bisneto da soada soprano Carmen Tur, conta cun extenso repertorio barroco, tamén con repertorio belcantista, canción española e de oratorio.

Foi alumno de Ricardo Castelló, e ao finalizar os seus estudos universitarios ingresou no conservatorio profesional de música “Francesc Penyarroja” de Vall d’Uixó. Actualmente é alumno do conservatorio “Joaquin Rodrigo” de Valencia, onde recibe clases por parte de Ofelia Sala. Foi gañador do 101 Concurso de Mocidades Musicais de España, no que xa resultara finalista na súa 95ª convocatoria, e finalista no concurso de ópera Ciudad de Albacete. É membro da compañía artística Marenartists e do grupo barroco Il dolce incontro.

Programa

  • Georg Friedrich Haendel: Serse, obertura (piano solo)
  • Claudio Monteverdi: Ecco l’atra palude, de Orfeo
  • Antonio Vivaldi: Vedro con mio diletto, de Il Giustino
  • Giacomelli-Vivaldi: Sposa son disprezzata, de Bajazet “Sposa son disprezzata” (6’)
  • Georg Friedrich Haendel: Serse (selección): Per rendermi beato / Crude furie
  • Vicenzo Bellini: Ah non credea mirarti, de La Sonnambula (piano solo)
  • Gioachino Rossini: Canzonetta spagnuola
  • Vicenzo Bellini: Arie di camera (selección): Malinconia / Il férvido Desiderio / Vaga luna che in argenti
  • Gioachino Rossini: Giovanna d’Arco (cantata a voce sola e pianoforte).

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...