HomesociedadeEn outubro baixou o paro en Ribas de Sil e aumentou en...

En outubro baixou o paro en Ribas de Sil e aumentou en Chantada

Desde a Secretaria de acción sindical destacan os datos de Ribas de Sil, que baixou en 12 persoas, sendo o concello de Chantada onde máis aumento, ao ter 10 parados máis. En outubro baixou o paro en Lugo-Centro Sur ata a cifra de 2.990 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaria de Acción Sindical de CCOO Lugo valora positivamente os datos do paro, na Comarca de Quiroga ao descender en 11 persoas. Non así na Comarca de Chantada que aumento en 6 persoas. Desde o Sindicato, valoran moderadamente os datos da Comarca de Lemos que aumento en 3 persoas.

Datos por comarcas e concellos:

Comarca de Lemos, 1.377 (+3)

  • Bóveda, 42 (+2)
  • Monforte, 1.014 (+7)
  • Pantón, 83 (+4)
  • A Pobra do Brollón, 57 (-5)
  • Sober, 69 (+2)
  • O Saviñao, 112 (-7)

Comarca de Quiroga, 245 (-11)

  • Folgoso do Courel, 43 (+1)
  • Ribas de Sil, 39 (-12)
  • Quiroga, 163 (=)

Comarca de Chantada, 502 (+6)

  • Caballedo, 61 (-4)
  • Taboada, 84 (=)
  • Chantada, 357 (+10)

Comarca de Sarria, 866 (-3)

  • O Incio, 48 (+3)
  • Láncara, 82 (-2)
  • Paradela, 20 (+3)
  • O Páramo, 35 (+2)
  • Samos, 32 (=)
  • Sarria, 631 (-8)
  • Triacastela, 18 (-1)

Desde CCOO ven na comarca de Sarria un bo comportamento do paro, xa diminuíu de forma importante no concello de Sarria en 8 persoas polo bo dato do sector servizos e a hostalería. Na provincia rexístranse 13.879 parados (+28), en Galicia, 143.720 (-389) e en España, 2.914.892 (-27027).

Desde o sindicato ven con preocupación, que siga habendo “algún mal empresario,” que incumpre os dereitos fundamentais como é un dereito constitucional, a unhas vacacións anuais de 30 días retribuídas. A Secretaria de Acción Sindical puxo estes feitos, en coñecemento da Inspección de Traballo de Lugo, para erradicar estas condutas. Desde o Sindicato tamén denuncian o grave incumprimento do rexistro horario, en varias empresas do sector co único obxectivo de non pagar as horas extras, que en moitos casos, superan as 10 horas diarias.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...