HomeMovementos sociaisRecoñécense os dereitos das profesoras do Conservatorio Municipal de Monforte

Recoñécense os dereitos das profesoras do Conservatorio Municipal de Monforte

Unha sentenza do Xulgado do Social 1 de Lugo dálles a razón e condena ao Concello de Monforte a contratalas a xornada completa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo un comunicado enviado pola forza sindical CIG, Confederación Intersindical Galega, o Xulgado do Social 1 de Lugo vén de recoñecer os dereitos destas traballadoras do Conservatorio Municipal de Monforte dándolles a razón en todas as súas reivindicacións e condenando ao Concello de Monforte a recoñecerlles xornada completa de 37,5 horas así como a abonarlle as diferenzas salariais deixadas de percibir dende xaneiro de 2018.

“As profesoras do Conservatorio Profesional de Música Mestre Ibáñez levan anos pelexando para que se recoñeza a xornada completa (e a retribución salarial correspondente), xa que estaban a 30 horas a semana e non a 37,5 horas á semana, tal e como establece a Orde da Consellería de Educación que regula a xornada de traballo do persoal docente (funcionario e laboral) que imparte as ensinanzas reguladas”, din dende o sindicato.

ANTECEDENTES

O Concello de Monforte elaborou no 2021 un Regulamento de Funcionamento do Conservatorio sen negociar co persoal nin co Comité de Empresa e “regulando materias reservadas ás leis orgánicas e á normativa autonómica sobre as que non ten competencia e vulnerando dereitos fundamentais do profesorado, alumnado e nais e pais”, subliñan dende a CIG.

As profesoras demandantes defenderon en todo momento que estaban realizando ‘de facto’ xornada completa porque, ademais do tempo de traballo que se sinalaba nos seus contratos co concello, dedicaban máis horas –non retribuídas– a corrixir exames, preparar clases, actividades fóra do centro, etc.

Nesta situación, e segundo o comunicado da CIG, “o Concello de Monforte mantiña a estas profesoras cun contrato de 20 horas semanas, só pagándolles 26 horas, e negábase a incrementarlles a xornada ao legalmente establecido, alegando que as traballadoras estaban a interpretar de maneira errónea a normativa e invocando as normas e a xurisprudencia que mellor lle conviña en cada momento”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...