HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela visita O Parlamento e o Cárcere de...

Alumnado do IES A Pinguela visita O Parlamento e o Cárcere de Teixeiro

A visita ao Parlamento foi dentro do programa ‘Coñece as túas institucións’ e a que os levou a Teixeiro dentro do programa ‘Di K Non’ para a prevención do consumo de drogas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado de 2º ESO A+B do instituto IES A Pinguela participou días atrás no programa “Coñece as túas institucións” que organizan conxuntamente o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia. No Parlamento puideron atender a parte dun debate sobre os presupostos de sanidade e recibiron a visita de parlamentarios e parlamentarias que foron colaboradores/as do centro.  Concretamente, achegáronse a falar con eles a deputada de Sober, Raquel Arias, a ex Conselleira de Educación, Carmen Pomar, e o deputado Xosé Luis Rivas “Mini”.

Nunha das estancias do Parlamento de Galicia. Foto: IES A Pinguela.

VISITA AO CÁRCERE DE TEIXEIRO

Nunha actividade de intercambio, alumnado de FP Básica visitou recentemente o Centro Penitenciario de Teixeiro despois de recibir no propio centro monfortino a un grupo de internos acompañados de funcionarios de prisións, que realizaron unha serie de actividades para compartir as súas vivencias, ofrecer información, propiciar reflexión e tratar de dar resposta ás inquedanzas do alumnado, e axudándolles ao mesmo tempo a identificar situacións de risco.

Unha das actividades foi a obra teatral “O Soño de Vivir”, de 15 minutos de duración interpretada polos internos.

Un momento da obra de teatro. Foto: IES A Pinguela.

Segundo nos explica o director, Enrique Sampil, estas actividades forman parte do programa “Di K Non” para a prevención do consumo de drogas en adolescentes, e están organizadas pola Fundación Barrié en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña).

No Centro Penitenciario de Teixeiro, permitiuse ao alumnado coñecer a
realidade das persoas privadas de liberdade. Foi, di Sampil, “unha experiencia única de sensibilización e concienciación sobre os riscos e as consecuencias do consumo de drogas”.

Alumnado de FP do IES A Pinguela. Foto: A.P.

ÚLTIMAS

Copa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril no Páramo

Esta semana presentouse a proba ciclista da Copa de España de Descenso BTT DH...

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración...

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...